top of page
Archivo de proxectos

Este é o noso arquivo e inclúe unha selección de proxectos que fumos desenvolvendo ao longo dos nosos itinerarios profesionais e vitais, de xeito individual, en colaboración, desde iniciativas independentes, dentro das institucións, desde o tecido asociativo ou para clientes e particulares. Iremos completando o arquivo. Se queres estar actualizado escríbenos unha mensaxe aqui para que te mandemos as nosas noticias

Terra Creativa

Terra Creativa é o nome dun proxecto que conxuga cultura, comunida e defensa do territorio. Acontece situado no Monte Cambeiro de Amarelle en Corcubión. Desde el póñese en valor o monte autóctono galego e se trazan de novo vínculos con estes santuarios, formas de supervivencia fronte a industria que impñe a monocultura do eucalipto.

2024

Terra Creativa
IV Taller Naturezas Híbridas.

Unha colaboración entre o grupo de Inovación docente da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (Elvira Santiago Gómez, Carlos Diz e Jose Antonio Cortés Vazquez) e a Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes (María Bella) para aproximarse aos eventos e os efectos derivados da catástrofe provocada polo afundimento do petroleiro Prestige frente ás costas de Fisterra e o xurdimento do movemento cidadan Nunca Máis.

2022

IV Taller Naturezas Híbridas.
Crecer xuntas en tempos fráxiles

Programa de tres obradoiros formativos deseñados especialmente en torno a preocupacións e indagacións de especial interese para a comunidade de nais e pais.

2022

Crecer xuntas en tempos fráxiles
Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal

Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal é un proxecto expositivo e memorial que fía desde o presente fragmentos de memoria da Marcha Mundial de Mulleres acontecida no 2003 entre Cee e Fisterra no marco das protestas cidadans do Nunca Máis contra a catástofe do Prestige. Lévase a cabo desde a colaboración entre o Concello de Fisterra e a Asociación Unha Gran Burla Negra co comisariado de María Bella. A finalidade é por en valor, non esquecer e ensenar aos que non o viviron a forza que se activou nese acontecemento desde a loita feminista.

2021-3

Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal
Mesa de plenos

Mesa plenaria para o concello da vila histórica de Corcubión, Costa da Morte, Galicia.

2018

Mesa de plenos
Tec&Tea

Tec&Tea refire a Tecnoloxía en cuestión: Tecnoloxía en acción. En colaboración coa ANPA ALEN e a Asociación Cultural Universidad Cromática das Virtudes e o CEIP Praia de Quenxe activamos un proxecto de alfabetización dixital crítica,

2016

Tec&Tea
A Costa da Vida

Obradoiro de Rap elaborado entorno á necesidade de buscar formas de expresión e comunicación entre os rapaces que capacitaran un diálogo creativo e fuxiran da forza e a violencia entre compañeras/os.

2016

A Costa da Vida
Gabinete de Estudios: Intermediae-Matadero Madrid

Deseño e dirección da produción do Gabinete de estudos de Intermediae Madrid.

2011

Gabinete de Estudios: Intermediae-Matadero Madrid
T-Furniture

A Colección de Mobles T-Furnitures foron deseñados por Frank Buschmann para unha serie de eventos culturais en Holanda e posteriormente teñen percorrido e formado parte do mobiliario de distintos espazos e eventos culturais, entre eles forman parte de Intermediae e Matadero-Madrid, desde a apertura deste centro e su primeira presentacion publica en ARCO 2006. Tamén foron presentados como parte do evento cultural Le Voyage à Nantes 2013 / Unha Viaxe a Nantes 2013.

2009 <

T-Furniture
Semillando: Cultura sostenible en la ciudad

Desde Intermediae e en colaboración coa Cooperativa Ecosecha, preparamos durante tres días un festival e un mercado no que xuntamos a artistas, entidades sociais, cooperativas, expertos, produtores e público en xeral para dar forma a un espazo e foro de intercambio, visibilización, reflexión e entretemento arredor da sostibilidade, da agricultura ecolóxica, da participación cidadá e da sensibilización social.

2009

Semillando: Cultura sostenible en la ciudad
Procesos de Archivo

Descripción: Cómo abordar o Arquivo dunha institución cuxa identidade estea baseada no proceso e a construcción colectiva? Que pasa se non abordamos o arquivo desde a colección? Se queremos que as nosas formas de facer diversas formen parte do rexistro que se garda?

2009

Procesos de Archivo
Banco de Semillas

El Banco de Intercambio de Semillas es una iniciativa encaminada hacia la descentralización del control de la semilla y un modo de poner en cuestión los modelos de gestión que generamos o de los que formamos parte en la cultura y en la vida.

2009

Banco de Semillas
Estación Futuro

Infraestruturas como base para unha serie de proxectos relacionados coa tecnoloxía e os videoxogos, ideadas e deseñadas por Frank na súa función como Comisario e Director artístico de Intermediae.

2009

Estación Futuro
Itinerarios del Sonido. 14 Artistas escuchan Madrid

Itinerarios del sonido foi un proxecto de arte público co-comisariado por María Bella e Miguel Álvarez-Fernández, organizado pola Área de Las Artes de Madrid, o Centro Cultural Conde Duque e a Residencia de Estudiantes. As obras puideron escoitarse en diferentes paradas de autobús de Madrid entre o 20 de maio e o 25 de setembro de 2005. "Itinerarios del sonido" recreaba unha cidade a través do son, escoitando o eco de diferentes produccións, as de artistas como Adrian Piper, Luc Ferrari, Fernando Millán, Trevor Wishart, Kristin Oppenheim, Susan Hiller, Joao Penalva, Christina Kubisch, Bill Fontana, Vito Acconci, Francisco Ruiz de Infante, Daniel Samoilovich, Julio Estrada e Jorge Eduardo Eielson

2004/5

Itinerarios del Sonido. 14 Artistas escuchan Madrid
Open Borders - Lille capital europea da cultura"

Deseño e produción da exposición 'Open Borders', por Frank Buschmann, encomendada por Droog Design NL para Lille, Capital Europea da Cultura 2004.

2004

Open Borders - Lille capital europea da cultura"
Mientrastanto

Mientrastanto transformaba pola primeira vez o Patio Norte dun dos principais centros culturais da cidade (Conde Duque) nun espazo site-specific ao aire libre dedicado a proxectos artísticos capaces de xerar unha sorte de interrelación coa cidadanía.

2003

Mientrastanto

leer mas ...
bottom of page