top of page
IV Taller Naturezas Híbridas.
2022

Os itinerarios de aprendizaxe son unha forma de proporcionar coñecemento dando valor e riqueza á mestura entre saberes académicos, populares, comúns ou baseados na experiencia. Neste caso desenvolviuse como unha colaboración entre o grupo de Inovación docente da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (Elvira Santiago Gómez, Carlos Diz e Jose Antonio Cortés Vazquez) e a Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes (María Bella) para aproximarse aos eventos e os efectos derivados da catástrofe provocada polo afundimento do petroleiro Prestige frente ás costas de Fisterra e o xurdimento do movemento cidadan Nunca Máis.

Contamos con un grupo de sesenta alumnas e alumnos da facultade que se desprazaron ata Costa da Morte para pasar un día sumerxidos nos acontecementos daquela catástrofe




bottom of page