Coa forza do pensamento de Vandana Shiva como mantra na súa frase "A nosa creatividade depende da creatividade da terra" comezouse este proxecto coa finalidade de tecer aprendizaxes que partisen da creatividade que habita nun monte deseucaliptizado e rexenerado para despertar novas sensibilidades e vínculos coa terra.
TERRA CREATIVA levouse a cabo a partir dunha serie de accións no Monte Cambeiro de Amarelle en Corcubión desde outubro de 2023 a outubro de 2024, seguindo o ciclo das estacións.
Entrecruzáronse propostas artísticas con achegamentos propios das ciencias e sempre invitando á comunidade a se converter en cómplice dunha experiencia que honra a cultura e vida pasada no monte, que actualiza e promove un futuro xunto ao monte.
Ao longo dos 12 meses de proxecto fumos artellando un BLOGque da conta do proceso de traballo. Unha AXENDA(prema na pestana arriba)onde poden atoparse as convocatorias que se foron facendo públicas convidando a formar parte das accións, alí se encontra información máis específica de cada unha. Tamén temos habilitada unha sección de RECURSOS(prema na pestana arriba) onde podes atopar materiais que se foron compoñendo desde as propostas dos e das colaboradoras invitadas no proxecto.
TERRA CREATIVA acontece desde a alianza entre a Asociación Boca de Sapo que custodia o monte Cambeiro, a Asociación Universidade Cromática das Virtudes e a Coop. Azul mais Verde encargada de curar, mediar e promover o proxecto.
Construiron proxecto connosco Xoán-Xil López, Elia Pérez con Habitat, Grupo ACHEGA, Diego Vites, Taisa Lewitsky con MASA, Doa Oa, Cesar Lema, Frank Buschmann e Andres López.
Para levalo a cabo contamos co apoio e o acompañamento da Fundación Daniel y Nina Carasso dentro da convocatoria Componer saberes para imaginar futuros.
Proxecto desde a alianza entre Asociación Boca de Sapo, AC Universidade Cromática das Virtudes, Coop. Azul mais Verde. Co apoio e acompañamento de Fundación Daniel y Nina Carasso
Colaboradores do proxecto:
Do ámbito das artes Xoan-Xil López, Diego Vites e Doa Oa
Do ámbito das ciencias sociais e medioambentais Elia Pérez, Damián Romay Cousido (Habitat), Grupo ACHEGA con Elvira Santiago, Carlos Diz e Jose A. Cortes. Taisa Lewitzki e Cesar Lema
Deseño da Imaxe Andres López Estudio
Curaduría, coordinación e mediación Azul mais Verde
Inauguramos o proxecto Terra Creativa. Esperámosvos no “Círculo de comunidade”, o novo espazo de acollida co que comezamos. Esta situado na parte baixa do Monte Cambeiro de Amarelle en Corcubión. Aqui deixamos as coordenadas. Ven e te contamos máis
Nota de Prensa
--
Terra creativa é unha iniciativa que xurde da alianza entre as Asociacións Boca de Sapo e Universidade Cromática das Virtudes de Corcubión e a Cooperativa Cultural Azul Mais Verde de Costa da Morte. Un proxecto que recibe o apoio e o acompañamento da Fundación Daniel e Nina Carasso dentro da súa liña de acción “Componer saberes para imaginar e construir futuros sostenibles 2023”
⇾TERRA AURAL
Excursos sonoros no monte Cambeiro de Amarelle.
Por Xoán-Xil López
TERRA AURAL é un caderno que imaxina unha cartografía dunha escoita situada e dende o común que se trazou conversando con diferentes persoas vinculadas ao monte Cambeiro.
"É un mapa entendido como texto, un xeito de deixar rastro das conexións entre as persoas e os lugares ao longo do tempo. Unha nova forma de descubrir a natureza, a paisaxe, o campo, e substituír así as descricións xa existentes por unha cartografía que resista"
Imprimíronse 150 exemplares en outubro de 2024.
Descarga a versión para imprimir deste caderno e o manual adoc para encadernalo Invitámoste a lelo, levalo ao monte e tamén intervilo.
IMPORTANTE:
Neste caderno hai espazos pensados para incorporar as túas experiencias alí onde atopes ocos: ideas, notas, suxestións, debuxos, ou calquera outra achega. Queremos que se experimente coa propia escoita e incorporar os resultados a esta versión dixital do caderno. Facer medrar a paisaxe sonora do monte Cambeiro de Amarelle entre máis
Envíanos unha captura das túas aportacións a info@azulmaisverde.gal e as iremos engadindo ao caderno
Descargar versión para imprimir eo manual para encadernar o teu exemplar
A través da canle do Rego dos Sapos e dentro dos seus programas especiais para Radio Neria tivo lugar unha intervención radiofónica proposta por Xoán-Xil López. Durante un mes desde o 5 de maio sempre desde ás 7.30 sintonizando a frecuencia 107.8 escoitábase esta acción.
Radiocasted by X-ehv-Radio. Eindhoven - Netherlands
Emitido o 2 de setembro de 2024
"Listen to Mountain Cambeiro soundscape with field recordings of the sound artist Xoan-Xil López and interference by Crackshow. Eenjoy the Monte Cambeiro experience, Galicia - Spain"
O venres 15 de marzo como proposta do grupo ACHEGA (Elvira Santiago, Carlos Diz, Jose A. Cortés) celebramos un Parlamento das Cousas das vidas e das xentes no Círculo de Comunidade do monte Cambeiro. Unha metodoloxía experimental a través da que foi convocándose o pasado-presente-futuro do monte a través dos obxectos.
Participamos o grupo ACHEGA, un grupo de alumnes da facultade de socioloxía da UdC, o artista Diego Vites xunto a veciños e veciñas de Corcubión.
Estes audios recollen o que alí falouse. Un recurso de recuperación da memoria do monte
Desde a colaboración entre Doa Oa e o Movemento de Sabiduría MASA das benzedeiras do sur de Paraná instituimos un irmanamento entre comunidades e territorios Corcubión-Paraná. Dos diálogos de traballo e colaboración mediados pola antropóloga Taisa Lewitzki quedan unha recolleita de vídeos explicativos das prácticas das benzedeiras de MASA que podes atopar no BLOG.
No monte atoparás un altar co que convocar a forza das plantas grazas a estes intercambios.
Como recursos deixamos as instruccións para dispoñer o altar cando vaias ao monte acomo proposta da artista Doa Oa.
Tamén deixamos unha serie de apuntes de voz das benzedeiras de MASA que falan da súa práctiva de elaboración de altares
E unha pequena selección de cantos para os altares