Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal
2021-3
Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal é un proxecto expositivo e memorial que fía desde o presente fragmentos de memoria da Marcha Mundial de Mulleres acontecida no 2003 entre Cee e Fisterra no marco das protestas cidadans do Nunca Máis contra a catástofe do Prestige. Lévase a cabo desde a colaboración entre o Concello de Fisterra e a Asociación Unha Gran Burla Negra co comisariado de María Bella. A finalidade é por en valor, non esquecer e ensenar aos que non o viviron a forza que se activou nese acontecemento desde a loita feminista.
A primeira Marcha Mundial de Mulleres celebrouse no 2000 en Bruselas constituíndo un movemento internacional de acción feminista. O 9 de marzo do 2003 milleiros de mulleres de Galicia trasladábanse ata Cee e Fisterra para apoiar ás compañeiras afectadas pola catástrofe do Prestige. A organización da marcha acontecía como parte das protestas e reivindicacións alentadas polas movilizacións do Nunca Máis co apoio de organismos e agrupacións que berraban pola defensa da vida. “Nem Guerras, nem machismo nem marés. Nunca máis chapapote patriarcal” foi o berro escollido como lema en oposición á guerra de Irak, ao machismo e as mareas negras.
En setembro de 2021 presentábanse, en colaboración co Concello de Fisterra, un conxunto de tapices memoriais deste acontecemento. Fiábanse fragmentos de memoria recollidos de fotos e documentos do acontecemento provenientes dos arquivos das asociacións Mulheres Nacionalistas Galegas, Unha Gran Burla Negra e Buserana, mesturados cos retais de teas enviados por mulleres de Galicia. Incorporáronse ilustracións documentais realizadas por Laura Tova e bordáronse textos da man de Estefanía Domínguez Trillo a partir dos manifestos enunciados polas mulleres en marcha.
Os Tapices da Memoria estiveron itinerando por distintos espazos e sumándose a proxectos, especialmente durante as celebracións do 20 aniversario da catástrofe. Entre Outubro e Decembro de 2022 na Facultade de Socioloxía da UdC, durante o 2023 no Auditorio de Galicia e o Pazo da Cultura de Pontevedra dentro da exposición Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige, unha mostra da AC. Unha Gran Burla Negra