As benzedeiras son posuidoras de dons de cura para os que empregan especies de herbas nativas da súa rexión. Neste caso estámonos situando entre as comunidades tradicionais do sur de Paraná. Estas mulleres son moi buscadas e valoradas polas comunidades rurais e polas urbanas dado que a saúde das familias conséguese en moitos casos a través das herbas medicinais dos seus xardíns e das fragas.
Lamentáblemente estes coñecementos estan en moitos casos apartados na sombra por descoñecemento ou por mor da ocultación desde as entidades públicas e relixiosas. As prantas de cura estan ademais ameazadas e en risco pola acción da desforestación, da contaminación por venenos ou pola extensión de cultivos transxénicos.
O Movimento de Aprendices da Sabedoría proporciona unidade e salvaguarda estas prácticas grazas á loita conxunta para o seu recoñecemento ante os órganos públicos.
Durante estas semanas, estamos a aproximarnos pouco a pouco xunto a artista Doa Oa e establecendo vínculos cun grupo destas benzedeiras grazas e por mediación de Taisa Lewitzki quen forma parte do Movimento de Aprendices de Sabeduria. Algunhas destas mulleres benzedeiras foron abríndonos xerosamente as portas aos seus lugares de práctica e vida e ao seu coñecemento e ímolo ir compartindo coa comunidade deste proxecto a través do blog
--
>> Dona Ana Maria
Rebouças, Paraná.
Atópase no Parque Ambiental Monge João Maria e explícanos o uso do “inhaguarandi” também conhecido como “jaborandi”.
Neste segundo vídeo contextualiza a loita das benzedeiras para protexer os "olhos de água" (nascentes) associadas ao Monge João Maria. Cóntanos tamén sobre o uso da terra “barro ou barrinho” que se atopa nas fontes de água e como estas son empregadas para as práticas de cura.
--
>> Dona Deja
Rebouças, Paraná.
Preséntanos a pomada de calêndula e os usos do “ginseng”
--
>> Dona Maria de Lourdes
Riozinho, Irati, Paraná
Fálanos sobre os usos da “marcelinha galega”
Neste segundo vídeo móstranos o Encontro Comunitário de Benzedeiras celebrado na súa casa o 18 de maio de 2024
--
>> Dona Agda
Rebouças, Paraná.
Quintal da súa lugar onde cultiva prantas de cura
--
AGRADEZEMENTO
Commentaires