Intervención de Diego Vites no ano 2011: Desaparecer en dous tempos I
Nos próximos días daremos continuidade ao diálogo iniciado o pasado marzo por ACHEGA, grupo de investigación en socioloxía e antropoloxía que desde a convocatoria dunha proposta metodolóxica experimental, desde un “Parlamento das Cousas”, poñia en relación -monte e veciñanza, obxectos e comunidade, memoria e futuro- para facérmonos mirar o monte que fumos e reflexionar sobre o monte por vir desde un pensamento de esperanza.
Durante os próximos días 19, 20 e 21 de xuño o artista Diego Vites convertirá o monte no seu lugar de traballo artístico para desenvolver (Des) Aparecer no Monte Cambeiro como resposta a súa experiencia no Parlamento das Cousas.
Esta intervención é froito do que unha veciñanza interxeracional compartiú naquel Parlamento, tanto a partir dos obxectos parlantes que se trouxeron á celebración como das historias-memoria do monte que as personas foron lembrando a partir deses obxectos. Entre elas as ferramentas propias dun traballo no monte recoñecidamente duro das xeracións máis maiores, os artiluxios inventados feitos a man e con grande creatividade das xeracións que xogaban no monte, pasando polos apoios para as acampadas ou merendas, etc. A intervención de Diego Vites será unha reactivación en progresión de moitas delas.
Así, Diego Vites actualiza a súa propia memoria do que para se mesmo -na súa búsqueda artística- é o monte e a súa relación coa natureza. Con Des (Aparecer) no Monte Cambeiro Diego evoca no presente un dos seus traballos desenvoltos no 2011, Desaparecer en dous tempos, unha forma de xogar a facer desaparecer a súa presenza no monte valéndose da construcción manual dun sistema técnico de camuflaxe que lle permitía facerse monte. Máis dunha decada despois, retoma esta lóxica de traballo para mesturala xunto á recolleita do que o monte falou desde a colectividade convocada naquel Parlamento entrañabel.
Sen poder ou sen querer mudar a pel vella dunha identidade que aínda se recoñece nos ecos dun territorio profundo, con Diego Vites voltaremos xogar no monte para re-aprender as nosas formas monte. Des (aparecer) de Diego Vites conxuga unha melodía en clave máxica e artística do poder de facer aparecer o que esta a desaparecer.
Intervención de Diego Vites no ano 2011: Desaparecer en dous tempos II
Nova cita no Monte Cambeiro
Durante estes tres días de estancia de Diego Vites no Monte Cambeiro calquera veciño ou veciña que teña curiosidade pode pasar a visitalo para coñecer o desenvolvemento da súa interveción artística.
O día 21 de xuño ás 19h a veciñanza esta convidada á presentación que concluirá cun albaroque no monte
Asemade, o día 20 esta programada unha visita durante a mañá do alumnado do CEIP Praia de Quenxe que colaborou no Parlamento das Cousas
Comments