top of page
Quen somos

Somos unha cooperativa dedicada ao desenvolvemento de proxectos e servizos culturais vinculados aos contextos, ás comunidades e as súas especificidades.

 

Aspiramos a ser un referente de valor no territorio, promovendo un enriquecemento cultural que apoie ao benestar e á cohesión social con un impacto en positivo.

 

Dedicámonos á cultura polo seu potencial para fortalecer as comunidades, fomentar a participación activa, a inclusión e o empoderamento das persoas. Sabemos pór énfases na preservación e actualización das tradicións e identidades locais, coidando a historia e a memoria do pasado, presente e o futuro.

 

Ademáis, impulsaremos a cultura como unha profesión especializada cun enfoque sostible, favorecendo as boas prácticas por parte de todas as persoas implicadas.

 

Azul mais Verde esta formada por dúas persoas expertas neste ámbito e ao redor noso orbitan colaboradorxs valiosxs.

maria bella piñeiro
frank buschmann
cpei-positivo_edited.png
Logo-Ministeri-2022.jpg

Programa APROL – economía social

Operación subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social

bottom of page