Itinerarios de aprendizaxe/2025 : Corpos, voces e territorio: a Galicia na que espertamos
2025
Os itinerarios de aprendizaxe son unha forma de proporcionar coñecemento dando valor e riqueza á mestura entre saberes académicos, populares, comúns ou baseados na experiencia.
Xa temos preparado o programa deste ano que terá lugar entre o 30 de outubro e o 2 de novembro. Leva o nome de Corpos, voces e territorio: a Galicia na que espertamos e estará centrado principalmente entre dos coordenadas, Santiago de Compostela e Rianxo.
Deixamos o acceo ao programa completo, os contidos e colaboradoras
O grupo ao que van dirixidos estes programas son alumnes universitarios que estan cursando estudos de historia contemporánea española. Desenvólvese como unha colaboración entre o Departamento de Spanish Studies da Universidad de Carleton en Northfield e desde a invitación da profesora e investigadora Palmar Álvarez-Blanco incorporando á proposta a súa metodoloxía experimental e situada.
--
A viaxe do primeiro itinerario de aprendizaxe a Galicia que organizamos estivo centrada na contorna da Costa da Morte e contou coas colaboracións e contribucións de moitas persoas que formaron parte dun programa de luxo.
A viaxe completa do ano pasado pode atoparse no seguinte enderezo
Web: https://welcomespanishrevolution.com/ocs2023/galiza/
Na nosa web tamén podes atopar detalles e fotos na sección de arquivo
