Que ofrecemos
Creación, desenvolvemento e mediación de proxectos e actividades singulares con especial atención
Recuperación e activación participada da historia e memoria dos lugares, transformada en obxectos culturais e artísticos para o público.
Educación e exploración do pensamento crítico en forma de actividades e obradoiros que promovan a imaxinación, a comunidade e a escoita activa.
Posta en valor da cultura dos territorios, dese un facer ético e en diálogo coas comunidades sociais e culturais.
Deseño e desenvolvemento de “itinerarios de aprendizaxe”
Centrados na divulgación e transferencia de coñecemento da historia e cultura específica de Costa da Morte. Especialmente para alumnado universitario.
Creación de infraestructuras, mobiliario e obxectos (interior e exterior)
Producidos de forma respetuosa, estética e funcional. Pensando na humanización dos espazos urbanos e naturais resolvendo necesidades específicas e a medida dos usuarios.
Realización de pezas únicas de artesanía en madeira e ebanistería.
Deseño de exposicións
Tendo en conta e sendo sensibles á participación cidadá, sendo éticos nos seus procesos e sostibles e sensibles co planeta e o contexto. Buscando a convivencia entre estética e eficacia
Asesoramento especializado no desenvolvemento de programas e políticas culturais
Levamos todo o proceso ou da parte do proceso. Podemos desenvolver tanto a investigación e comisariado como a formalización en sala ou espazo público, a coordinación do transporte, montaxe, deseño da imaxe, adaptación gráfica, comunicación, etc.
Formación específica
En xestión cultural
En deseño de producto e artesanía en madeira
Operación subvencionada polo Programa APROL – economía social