top of page

Preparando un Parlamento das Cousas

O sábado 2 de marzo ás 17,30 convocamos a un grupo de veciñas e veciños de Corcubión no Albergue de San Roque na Parroquia de Redonda. O obxectivo que tíñamos era facer entender a metodoloxía que estamos a propoñer para o parlamento das cousas, especialmente ás xeracións máis maiores.


Á reunión acudiron veciñas da parroquia e dado que o Albergue é un sitio de referencia súa decidimos facer a reunión alí. Asistimos tamén membros do grupo ACHEGA desde o que se esta propoñendo esta acción, artistas colaboradores que traballarán desde ela, ademais de integrantes de Boca de Sapo e Azul mais Verde.


Alí estaban Rosa, Pedro, Antonio, Jose Antonio, Remedios, Xabier, Manuel, Inés, Chus, Fina. Elvira, Paco, Alex, Juan, Diego e Maria.





Ademais de explicar que facemos no Monte Cambeiro e no proxecto de Terra Creativa, activamos un pequeno entrenamento de escolma de obxectos que nos fan falar da memoria persoal que temos do monte.


Elvira do grupo ACHEGA foi tomando algunhas notas. Aqui deixamos exemplos dos obxectos que se foron nomeando alí e tamen algunhas frases e relatos do que se compartiú apelando á memoria




>> Obxectos


tubos de bombona para facer flechas

varillas de paraugas para facer flechas

⁠puñal para cortar as polas dos piñeiros no nadal

⁠hacha

⁠escoba feita de silvardeira

⁠billarda-espeto

⁠rastrillo

⁠cuerda

⁠horquilla para xuntar balumada

⁠carro de vacas

⁠fouciño

redes de pesca

mochila

cigarrillo para pasar o rato


>> Frases


“Nos vamos para Abaixo pero as herbas van para arriba"

“Non se vai ao monte porque hai toxos e pican”

“O banco era o monte”

“Daquela era forte a xente”

“Moito teño chorado no monte"


>> Relatos


Desde o alto de Oliveira, onde hoxe está o grifo da auga, víase ata o campo de fútbol porque non había árbores, só matogueira, non había porque non se deixaban crecer porque se ían cortando e precisábase o espazo para pasto e iso.


Coas polas dos árbores facíanse as "ruas" de Oliveira para non camiñar polo barro.


As nenas non podían dicir que ían ao monte a xogar, e non levaban por iso obxectos dende casa.


As señoras ían traballar.


Algúns de pequenos tiñan que facer o paquete de pirlo, se lles desfacía e pesáballes moito e tiñan que repetir e repetir e logo empurrar a carriña monte arriba sen ver porque era máis alto que eles


Parece ser que antigamente abondaba a "Xibarda" ou "Xilbaebeira" (rascacús), parecida ao acivro pero máis pequena, tamén abondaba o acivro e os montes onde abondaban estas plantas chamábanse "Xaldón".


Daniel o garda municipal varría as rúas de Corcubión coa súa vasoira de xilbardeiro que recollía no monte Xaldón


--


*Agradecemos a xenerosidade e atención de Begoña e Fina coa xestión do albergue para con as persoas que facemos uso del

bottom of page