top of page

Paisaxe sonora - terra creativa

Unha paisaxe sonora consiste en eventos escoitados e non en obxectos ollados


[...]


Cal é o son dunha árbore que cae no bosque sen que ninguén o escoite?" pregúntase un estudante que estudou filosofía. Sería pouco imaxinativo responder que soa simplemente como unha árbore que cae no bosque, ou incluso que non fai son ningún. De feito, cando unha árbore se estrela nun bosque e sabe que está soa, soa como queira: un furacán, un cuco, un lobo, a voz de Immanuel Kant ou Charles Kingsley, a obertura de Don Giovanni [...] Calquera cousa que desexe, do pasado ou dun futuro afastado. Incluso ten a liberdade de producir eses sons secretos que o home nunca escoitará porque pertencen a outros mundos...


R. Murray Schafer




O 30 de novembro pola tarde, fixemos xuntanza para comezar convocar os sons do Monte Cambeiro.


Xoan Xil propúsonos activar a memoria en clave de paisaxe sonora. Pensar e recordar o mundo en clave de sons parece ao comezo algo difícil porque acostumamos facelo en clave de imaxes. Pareciera que a memoria adoita rexistrar visualidade e non sonoridade. Pero ese día demostrounos a forza reconvocadora dos sons.


A memoria en común trouxo ao círculo:


º Os xogos das pandillas no monte, pandillas de máis de vinte persoas. O monte chamábano tamén, o campillo ou monte das pedras. Algunhas referencias aluden ao Prado de Recamán e Queixeiras

Recaman-Queixeiras-anos 60
.pdf
Download PDF • 553KB

º As pandillas construían cabañas, escopetas de pinzas e tiraban pedras as lagartixas


º O nome de José Marcos sonaba sempre á mesma hora cando a nai chamaba ao rapaz Marcos para recoller o bocadillo da merenda: Maaaaarcoss!!


º Á noite o monte traía respeto e case medo. O monte abandonábase antes de caer a noite


º O son dos regatos volveu á memoria cando coa chuvia do outono e o inverno as fontes rompían e os regatos medraban. As laxes do monte tiveron tamén voz na conversa


Os ríos de auga glaciar forman túneles por debaixo do xeo. O xeo que cae dentro destes túneles, a auga corrente e o movemento de lodo e pedras crean un ruído que é amplificado moitas veces pola estrutura oca e golpea o observador na superficie con gran forza.



º Os sons das campás, da Igresia de San Marcos pero tamén da Igresia de Cee e de Amaixenda. O repicar da Igresia de San Marcos era un repicar moi especial


º As sirenas dos barcos e a sirena da fábrica de carburos de Brens. A do colexio Manuela Rial mesturábase con estas.


º As vacas cruzando monte arribla e os eixos das rodas dos carros


º O son da néboa, que para algúns parecíanos que non fora ter son as outras lembran néboa no monte cun son conmovedor dificil de describir. Con néboa tamén lembrábase o son da vaca de Fisterra.


º Os vagalumes tamén tiñan son para algunhas persoas


º O vento, sobre todo en xuño, un vento tamén sigular. O nordés con forza no monte.


O vento é un elemento que agarra os oídos con forza. A sensación é táctil, así como auditiva.



º Antes escoitábanse corvos, antes cando as hortas rodeaban o monte


º Papo rubios, petos, carboneros, ferreiriños, miñatos, avenoiteiras, etc


Non obstante, ningún son na natureza se fixo tan afectuosamente á imaxinación humana como as vocalizacións dos paxaros. En probas realizadas en moitos países, pedímoslle aos escoitantes que identificaran os sons máis agradables do seu entorno; o canto dos paxaros aparece repetidamente no tope da lista.



º Tamén recordamos aos raposos, xabaríns e lobos.


º O mar e as gaivotas




E así fumos entresacando todo un vocabulario de escoita sobre o que continuaremos traballando xunto a Xoan Xil e coa axuda de moitas de nós e a colaboración de Elia Pérez


Vémonos próximamente no monte!


--


Para consultar a fonte dos textos de R. Murray Schafer referente á paisaxe sonora descarga aquí The Soundscape

Comments


bottom of page