top of page

Os Sons do Monte

Mañá pola tarde, xoves 30 de novembro, estamos preparando unha xuntanza para aproximarnos aos sons do monte. Unha proposta iniciativa de Xoan Xil para Terra Creativa.



Imaxe tomada na primeira visita de Xoan Xil a Monte Cambeiro




Aínda non sabemos onde nos conducirá esta viaxe pero ímola comezar tirando

do fío da memoria de algunhas persoas que tiveron vínculo co monte na nosa vila. Mañá xuntarémonos con algunhas delas e comezaremos entresacar as historias do monte. Pensaremos no Monte Cambeiro en xeral e tamen nas claves coas que poidamos ir identificando os seus sons. Virá tamén Elia Pérez, bióloga colaboradora do proxecto para deixármonos inspirar pola bios non humana que habita os montes.



Xoan Xil contaranos sobre as súas formas de achegamento ao eido do son e a paisaxe sonora. Se o tempo o permite pasearemos polo monte e se a chuvia non da tregua falaremos na Casa da Cultura de Corcubión



Pronto trasladaremos os avances



Entre tanto no Monte Cambeiro aguarda o círculo de comunidade







Imaxe e vídeo cortesía de Andres López


Comments


bottom of page