Cambeiro ofrécenos a oportunidade de situármonos na complexa encrucixada que transitamos no presente co obxectivo de explorar en común perspectivas para un futuro social e cultural máis desexable.
Estamos nun monte público, custodiado por unha asociación ecosocial, transformado de eucaliptal a monte autóctono en proceso de rexeneración. Un monte que, ademais, aínda forma parte da memoria colectiva dos veciños e veciñas. Desde Terra Creativa abrimos camiños para voltar ao monte que fumos e convocar o monte que seremos.
Xa comezamos explorar a dimensión sonora deste monte en clave do que lembramos que foi e tirando deses fíos para volver convocar desexos de monte por vir. En colaboración co artista Xoan Xil e co acompañamento da bióloga Elia Pérez e as colaboracións co CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Este camiño esta aberto e seguiremos explorándoo
Próximamente abriremos outra porta a transitar xuntas. Neste caso acompañadas polo artista Diego Vites que visitou o Monte Cambeiro estes días atrás e co grupo de Inovación Docente ACHEGA (Aprendizaxes Colaborativas, Híbridas e Experimentais en Galicia) formado por investigadorxs e docentes no eido das ciencias sociais e medioambentais -Elvira Santiago, Carlos Diz e Jose A. Cortes-
O día 22 de xaneiro teremos a oportunidade de xuntarnos con eles e comezar fabular desde a súa perspectiva en común como convocarvos a voltar ao monte.
--
Imaxes tomadas na visita de Diego Vites a Monte Cambeiro
Comentários