Foto: Antonio Nodar
O pasado venres 21 de xuño ás 19h presentamos (Des)aparecer no Monte Cambeiro no círculo de comunidade, resultado de tres días de estancia no monte do artista Diego Vites. Tratábase de dar resposta á memoria que foi aparecendo no Parlamento das Cousas convocada desde unha veciñanza interxeracional e desde a súa relación persoal co monte.
Para entender mellor as perspectivas de memoria encarnada nos obxectos desde os que se falou no parlamento e a partir da e dos cales Diego Vites inspirouse para a súa contribución ao proxecto, incorporamos aquí algúns dos rexistros daquela sesión de Marzo da que tamén formou parte Diego.
A memoria do monte convocado polas voces máis maiores podémola escoitar neste audio:
Rexistro tomado polos estudantes colaboradores de ACHEGA
A memoria do monte convocado polas voces das xeracións dos 60s, 70s e 80s podémola escoitar neste audio:
Rexistro tomado polos estudantes colaboradores de ACHEGA
A memoria do monte convocado polas voces máis pequenas podémola escoitar neste audio:
Rexistro tomado polos estudantes colaboradores de ACHEGA
É nunha mestura singular entre traballo e xogo, ferramentas e imaxinación, ramaxe, artiluxios, acampadas, aventuras e tradición, a que escoitamos nas voces e obxectos da veciñanza, desde a que Diego Vites parte para adentrarse durante tres días no espíritu colectivo do propio monte, sendo este convocado tamén desde a súa paisón persoal e artística.
Des(aparecer) no Monte Cambeiro resoa con pezas anteriores de Diego Vites dando continuidade á súa liña de traballo e fai sintonizar as búsquedas propias coas evidencias dos que falan desde unha comunidade que non hai tanto habitou o monte.
Os seus refuxios-maio, habitáculos móbiles que acollen á vez que rememoran rituais, honran tradición, xogo e acubillo son froito da mestura entre traballo e divertimento, esgotamento e rexeneración, olvido e rememoración. Ademais estan feitos a partir de polas vellas de eucalipto, paus e xestas propias ou impropias dos nosos montes e empregando ferramentas de divertimento e traballo como o fouciño, a machada ou o puñal.
Durante a estancia de Vites no monte recibiú algunhas visitas, ben acordadas ben azarosas. Especialmente a da rapazada do ensino. O venres na presentación pública do traballo feito fixemos romería polo monte acompañadas polo son dunha gaita como inspira a tradición e trasladamos os maios portandoos ao lombo todas xuntas. Quedaron ubicados na parte alta do monte para o gozo e xogo dos que o visiten.
Con esta proposta constatamos que hai formas que debemos facer aparecer para facer que non desaparezan.
Fotos: Antonio Nodar
Vídeo: chantszman