Queremos contarvos un pouco máis polo miudo acerca da xornada de Inauguración do proxecto que tivo lugar o 17 de novembro no Monte Cambeiro en Amarelle.
Primeiro lembrar o obxectivo de Terra Creativa. Principalmente "voltar ao monte". Afondar nos vínculos que tradicionalmente tiñamos con el e abrírmonos a formas novas de nós víncular.
De onde venimos?
Trátase dun monte deseucaliptizado durante o 2018 grazas ó labor de concienciación e acción da Comunidade Ecosocial e cultural Boca de Sapo.



Despois de deseucaliptizar houbo que traballar na súa rexeneración e fíxose de xeito participado coa rapazada recuperando o monte autóctono galego. Trátase dun monte liberado do monocultivo do eucalipto no que volven medrar naturalmente gran variedade de especies propias de Galicia. Estamos ante un monte xove con moito camiño por diante.



A día de hoxe hai asinado un acordo de custodia de territorio entre o Concello de Corcubión, propietario do monte e Boca de Sapo, responsable actual do seu coidado.
Así chegamos, paso a paso, a ter este santuario, ao carón do casco histórico de Corcubión, preto ao igresario de San Andrés, orixe medieval da vila, único recuncho da contorna onde medran, libres de eucaliptos, castiñeiros, carballos, acibros, e outras especies.
Aquí é onde agora se asienta o Círculo de Comunidade, o comezo de Terra Creativa
---
Terra Creativa xurde da alianza entre as asociacións de Corcubión Boca de Sapo e Universidade Cromática das Virtudes e a Cooperativa cultural Azul Mais Verde de Costa da Morte. Recibe o apoio e o acompañamento da Fundación Daniel y Nina Carasso desde su programa "Componer Saberes para imaginar y construir futuros sostenibles"