(Cosmos é a fermosa pranta naranxa que destaca pola súa cor no pequeno altar de Dona Ágeda. A usa para alegrar os quintais e atraer ás bolboretas.)
Mesa-altar de floresta preparada por Dona Ágeda e Taisa para Irmãs de Floresta
º Comezo de Irmãs de Floresta.
º Roteiro de identificación de prantas silvestres no Monte Cambeiro
Fiuncho Foeniculum vulgaris
Viborera Echium vulgare
Usos medicinais
Tradicionalmente, a infusión da planta florida empregouse para tratar afeccións respiratorias, tose, bronquite, arrefriados, reducir a febre e as dores de cabeza. Polo seu poder diurético e depurativo, para trastornos urinarios, retención de líquidos, obesidade, gota e reumatismo. É afrodisíaca. Actualmente, non se aconsella o seu uso por vía interna.
Externamente, as cataplasmas de flores frescas machucadas para grans, furúnculos, feridas, dermatites, unlleiros e eczemas. O zume da planta úsase en cosmética para peles enroxecidas e delicadas. A infusión en gargarismos para a dor de garganta. *
Herba das feridas
Prunella spp
Herba caralleira
Linaria triornitophora
Lingua de ouvella plantago lanceolada
Experiencias
No meu pobo natal, a señora María, que era natural da Cañiza (Pontevedra) e andaría polos 70 anos, contoume que unha vez lle apareceu unha úlcera nunha variz. O médico recetoulle ata tres pomadas diferentes pero a perna non lle curaba. Así que lembrou o que facía súa nai nestes casos con feridas do gando. Colleu un feixe de follas de lingua de ovella, cubriunas con un pouco de auga e cocéunas uns minutos. Con esa decocción empapou un pano limpo e púxoo sobre a úlcera. Contábame que despois de 2 semanas de tratamento a úlcera comezou a curarse. Man de Santo! *
Chantaxe Plantago major
Estralotes Digitalis purpurea
Silva Rubus ulmifolius
Toxo Ulex europea
Xesta Cytisus scoparius
Outros usos
Indica chans ácidos e silíceos con baixo poder de retención. As xesteiras representan unha fase na sucesión ecolóxica cara á carballeira, onde enriquecen o chan en nitróxeno, degradan a rocha nai coas súas raíces e coa auga que se infiltra a través delas. Empregáronse como cama dos animais, dando un bo esterco. O de C. multiflorus é máis valorado. O seu ramaxe perenne é un bo refuxio invernal para as xoaniñas e outros insectos. Tamén para protexer as árbores froiteiras novas. Da súa cortiza fabrícanse cordas, redes e papel. As ramas úsanse para facer vasoiras, cestas, cepillos ou para cubrir tellados. A madeira empregouse nos fornos de leña.
As flores encurtidas eran un ingrediente popular do salpicón nos séculos XVII e XVIII. Tamén, antes da introdución do lúpulo, aromatizábase a cervexa coas puntas das súas ramas, facéndoa máis embriagadora.*
Codeso Adenocarpus complicatus
Fento Pteridium aquilinum
Usos medicinais
Os brotes novos son diuréticos e vermífugos. A súa fibra pode promover o peristaltismo intestinal mellorando as funcións de dixestión e evacuación. Así mesmo, ten a capacidade de reducir a absorción gastrointestinal das graxas ou lípidos. Os brotes calman a dor de moas, colócanse a cada lado das enxivas adxacentes á moa dolorida. As follas utilizáronse en baños de vapor como un tratamento para a artrite. Unha cataplasma das follas machucadas utilizouse para tratar chagas de calquera tipo e tamén para unir os ósos fracturados. Tradicionalmente, empregáronse as follas como un colchón para fortalecer as costas dos bebés e dos anciáns. Inhalando o fume das follas secas, cálmase a dor de cabeza. *
Sanguiño Rhamnus frangula
Carballo Quercus robur
º Irmas benzedeiras do Movimento Aprendices de Sabiduría do Sur de Paraná acompañadas por Taisa Lewitzki e Dona Ágeda
º Aprendendo coa benzedeira Dona Ágeda
Artemisa
Erva-doce
Cosmos
Pomada Alecrim
Açafrão
Manjericão
Pó de abacate
Poejo
Guaco
Penicilina
Palma fedida
Alcachofa
Folha de Guabiroba
Olina
Calmante
Incenso
Casca de cedro
Bálsamo
Remédios caseiros: pomada de alecrim, pomada de calêndula, olina digestiva, calmante dos nervos, garrafada para mulher de dieta.
º Ritual de agradecemento con Doa Oa
Bizcoito de plátano, fariña de landra, manteiga, azucre e especias.
Torta de copos de avea, fariña de landra, manteiga e azucre.
*Notas sacadas do libro de Cesar Lema "Benaventurada a maleza porque ela te salvará a cabeza"
--
Fotos da localización no monte por Antonio Nodar
Fotos da localización na casa de Dona Ágeda por Rosa Lewitzki