top of page

Preguntarse política e culturalmente polos espazos "naturais"

O pasado luns 22 de xaneiro tivemos oportunidade de achegarnos en común ao traballo que desenvolve o grupo de innovación docente ACHEGA (Facultade de Socioloxía da UdC) e o artista Diego Vites. O encontro centrouse en abrir as experiencias de traballo de cada unha para comezar a pensar desde onde aproximar propostas para Terra Creativa.


Carlos Diz, Jose A. Cortés e Elvira Santiago de ACHEGA (Aprendizaxes Colaborativas, Híbridas e Experimentais en Galicia) explicaron desde onde xurdiú a neceisdade de traballar como grupo no ámbito académico tanto na investigación como na docencia. Especialmente desde o entrecruzamento dos seus ámbitos específicos de coñecemento, desde a antropoloxía e socioloxía, ciencias ambientais, conciencia dos riscos, movementos sociais, e mediacións tecnolóxicas. Desde ahí o grupo aposta polas aprendizaxes situadas e promove a interelación e circulación de saberes. Á vez escollen intencionadamente explorar natureza e sociedade desde o híbrido, os intersticios e as complexidades de co-habitar.


Diego Vites fixo un percorrido pola súa biografía artística moi relacionada co seu percorrido vital. A cabalo entre viaxes, investigacións e vida triangulando xeográfica e emocionalmente Galicia, Canarias e Ecuador que lle fan falar unha linguaxe visual mestiza ao rescate de culturas e sabidurias populares do pasado-futuro. Unha obra-infraestrutura que ofrenda espacio para que os ancestros compartan lugar coa comunidade do presente e na que amplifícase o desexo de convocar formas nas que re-admirarnos e celebrarnos.


Tamén tivemos tempo para, a pesar da chuvia, achegármonos ata o Círculo de Comunidade no Monte Cambeiro






















bottom of page