Un monte todos os montes
2025
"Un monte todos os montes" é un proxecto que toma forma de "publica-acción" e xurde a partir da experiencia desenvolta no proxecto Terra Creativa no Monte Cambeiro (Corcubión).
"Un monte todos os montes" quere convidar a pensar e facer monte desde unha posición de resistencia no presente e de imaxinación cultural, social e política cara ó futuro. Situadas en Galicia, territorio no que o monte ten sido parte imprescindible da nosa identidade social e cultural, queremos seguer fortalecendo a súa defensa desde unha acción cultural que se manifesta.
No curso da historia temos aprendido que as formas de descomposición dun monte acaban reproducíndose como formas de descomposición de todos os montes. Desde este proxecto queremos promover que as formas de acción cultural que movilizan un futuro xunto ao monte sirvan como formas imaxinables para "todos os montes".
Este proxecto recibe o apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso