top of page
Itinerarios de aprendizaxe (2025)
2025

Os itinerarios de aprendizaxe son unha forma de proporcionar coñecemento dando valor e riqueza á mestura entre saberes académicos, populares, comúns ou baseados na experiencia.


Estamos a programar o itinerario do próximo ano en Galicia que se desenvolverá durante 4 días no mes de Outubro.


O grupo ao que vai dirixido son alumnes universitarios que estan cursando estudos de historia contemporánea española. Desenvólvese como unha colaboración entre o Departamento de Spanish Studies da Universidad de Carleton en Northfield e desde a invitación da profesora e investigadora Palmar Álvarez-Blanco incorporando á proposta a súa metodoloxía experimental e situada.


A viaxe do primeiro itinerario de aprendizaxe a Galicia organizado por nós estivo centrada na contorna da Costa da Morte e contou coas colaboracións e contribucións de moitas persoas que formaron parte dun programa de luxo.


A viaxe completa do ano pasado pode atoparse no seguinte enderezo


Web: https://welcomespanishrevolution.com/ocs2023/galiza/


Na nosa web tamén podes atopar detalles e fotos na sección de arquivo

bottom of page